Obradoiros Dixitais

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

Mellora as túas competencias dixitais e abre novas oportunidades

O Concello da Cañiza, a través da súa Aula CeMIT, situada na 1ª planta da Casa da Cultura, organiza unha nova sesión de obradoiros de competencias dixitais dirixidos a todas aquelas persoas que desexen mellorar as súas habilidades tecnolóxicas e adaptarse ao mundo dixital actual.

Martes, 21 de outubro ás 16:00 h
Aula CeMIT da Cañiza

Estes talleres forman parte do programa Formación Dixital, promovido pola Xunta de Galicia e financiado pola Unión Europea – Next Generation EU, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O obxectivo principal é ofrecer ferramentas prácticas que axuden a realizar trámites e xestións desde o ordenador ou o móbil, mellorar a empregabilidade e fomentar o uso seguro das tecnoloxías da información.

Durante a sesión abordarase, entre outros contidos:

  • Busca de emprego en liña e creación dun bo currículo dixital.
  • Participación en entrevistas virtuais e coñecemento de novas profesións.
  • Creación de contido dixital (textos, vídeos, presentacións...).
  • Uso de ferramentas colaborativas como Google Drive, Canva, Discord ou Teams.
  • Comunicación profesional a través do correo electrónico ou redes como LinkedIn.
  • Realización de trámites en liña (co médico, banco, administración...).
  • Protección de datos persoais e recoñecemento de posibles estafas en internet.

Actividade gratuíta e con profesor presencial en aula.

Información e inscricións:

Na Biblioteca Municipal da Cañiza ou chamando ao teléfono 986 66 30 69.
Tamén podes inscribirte a través da rede CeMIT.

Horario

Martes, 21 de outubro ás 16:00 h, no Aula Cemit da Casa de Cultura