O Concello presenta unha nova actividade do Programa CLARA: “Voando Xuntas”, aprendendo a utilizar DRONS

Data
to
Location
Patio do CPI da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

O Concello, no marco do Programa CLARA, organiza a actividade "Voando Xuntas", unha proposta dirixida a fomentar a autoestima, a igualdade e o empoderamento da infancia a través da tecnoloxía.

En que consiste?
  • Trátase dunha actividade innovadora e divertida con drons, dirixida a nenas e nenos de entre 8 e 12 anos.
  • A través do xogo e a tecnoloxía, búscase reforzar a confianza, promover a igualdade e espertar vocacións tecnolóxicas nun contorno lúdico e educativo.
Data e hora:

Sábado, 11 de outubro,  ás 10:30 h no patio do CPI da Cañiza

Inscricións:

É necesario inscribirse previamente chamando ao número 697 486 325 (Laura).


Sobre o Programa CLARA

“Voando Xuntas” forma parte do Programa CLARA, unha iniciativa conxunta dos Concellos da Cañiza e Covelo, creada para promover a igualdade e previr a violencia de xénero mediante a posta en marcha dun servizo municipal integral e compartido.

O programa conta cun equipo multidisciplinar de profesionais nas áreas de dereito, psicoloxía, igualdade, terapias e orientación laboral. Inclúe atención psicolóxica e xurídica, actividades de benestar e saúde, así como accións de sensibilización dirixidas á cidadanía.

O Programa CLARA está financiado cunha axuda de 20.559,96 € concedida pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e xestionado pola empresa Red Talento Consultoras SL, con experiencia en máis de 17 municipios galegos.

Horario

Sábado, 11 de outubro,  ás 10:30 h no patio do CPI da Cañiza