O Concello da Cañiza presenta o proxecto «DIXIGAL». Formación en competencias dixitais

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Formación

O proxecto DIXIGAL ten como obxectivo a impartición de accións formativas da familia de informática e comunicación co fin de que os participantes logren a adquisición de competencias dixitais.

Está dirixido preferentemente a homes e mulleres en situación laboral de desemprego, aínda que tamén poden participar persoas ocupadas, pertencentes, prioritariamente a municipios de menos de 30.000 habitantes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

  • Son formacións presenciais totalmente gratuítas e ademáis o alumnado que supere o itinerario (todos os módulos) recibirá, como agasallo, unha táblet.
  • O proxecto  «DIXIGAL» está composto de 3 niveis: básico, intermedio e avanzado.
  • Nesta formación desenvolverase o NIVEL BÁSICO, que está composto de 5 módulos de 40h cada un, sumando un total de 200h. 
  • Os cursos impartiranse en quendas de mañá e cada nivel terá unha duración total de 200 horas (5 temas).  
  • A formación entra no marco europeo de competencias.
  • Está previsto que o primeiro curso de nivel básico comece o día 09/12/02024 e remate o día 26/03/2025.
  • Nesta planificación propoñemos impartir a acción formativa de luns a venres durante cinco horas en horario de 9:00 a 14:00

 

Horario

Inicio do proxecto: 09 de decembro de 2024

Duración: do 9 de decembro de 2024 ao 26 de marzo de 2025

Temario do Nivel Básico

  • FCOI10: Busca e xestión da información dixital. Nivel básico
  • FCOI15: Creación de contidos dixitais. Nivel básico
  • FCOI18: Comunicación e colaboración con ferramentas dixitais. Nivel básico.
  • FCOI2: Resolución de problemas no entorno dixital. Nivel básico
  • FCOI24: Seguridade e civismo no entorno dixital. Nivel básico.

 

Todas as persoas que desexen ampliar información poden chamar ao número de teléfono: 654 825 395 ou escribir ao e-mail dixigal@bigformacion.com

Os interesados en inscribirse poden facelo entrando neste enlace: 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfC25pLHgwtHJt51thTJf8sVkCR8inw29LReXKJ-MFVkFAOhA/viewform