Nova formación «Expert@s en transformación dixital para PYMES»

Data
Location
A Cañiza
Organiser
Impulso Digital e a Universidade Camilo José Cela
Formación

¿Qué é o Programa XERACIÓN DIXITAL?

Trátase dunha formación e mentorización en transformación dixital para persoas desempregadas ou traballadoras que queiran converterse en Axentes do Cambio Dixital. Obteremos coñecementos e habilidades necesarias para impulsar a transformación dixital nas empresas e con iso mellorar a produtividade e crecemento nacional e internacionalización.

Certificado Universidad Camilo José Cela (15 ECTS) + Diploma PMI Project Management + Acceso Examen Certificación PMI Project Management Ready

Unha formación altamente práctica con clases presenciais e con aula virtual, gratuíta, dirixida a traballadores e desempregados ata 35 anos de idade.

  • Nesta nova formación de 150 horas lectivas estudiaremos:
    1. Xestión empresarial e estratéxica
    2. Innovación
    3. Os procesos do cliente
    4. Tecnoloxía e habilitadores da transformación dixital
    5. Habilidades (Soft Skills)
  • ¿Qué conseguimos?
    1. A posibilidade de crear un Plan de Transformación dixital
    2. Certificado da Universidade Camilo José Cela ( 15 ECTS)
    3. Acreditación de profesional capacitado para tomar decisións e guiar a transformación dixital
    4. Certificación PUE DATA PMI Project Management Ready
    5. Networking e experiencias compartidas
    6. Coñecemento de experiencias sectoriais.
  • E poderás acceder a unha novedosa Bolsa de Emprego da E.O.I. con axudas directas de contratación para Pymes.

 

Se estás interesado podes anotarte neste FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

Podes ampliar toda esta información nos seguintes enlaces á web e redes sociais.

 

Financiada polos fondos NextGenerationUE da Unión Europea coa colaboración do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e a Escola de Organización Industrial. 

    Lidera a Transformación das PYMES. ¡DA O PASO! ¡FÓRMATE PARA CRECER!

    Horario

    150 horas lectivas.

    Clases en modalidade Presencial (45 horas).
    Clases en Directo (95 horas).
    Mentorización (10 horas) para traballar individualmente a TÚA Dixitalización Empresarial.