Festival de Nadal da Asociación Deportiva Reviravoltas. Festival de Patinaxe

Data
to
Location
Pavillón Municipal de Valeixe
Organiser
Asociación Deportiva Reviravoltas
Actividades

O domingo 28 de decembro, ás 16:30 horas, celebrarase o Festival de Nadal da A.D. Reviravoltas, unha cita deportiva e festiva incluída dentro da Programación de Nadal 2025 do Concello da Cañiza.

O evento terá lugar no Pavillón das Touzosas (Valeixe) e contará coa participación dos clubs C.P.A. Covelo, C.P.A. Gondomar e A.D. Reviravoltas, que ofrecerán ao público espectaculares exhibicións da man do alumnado.

Ademais das actuacións deportivas, durante o festival celebraranse sorteos e moitas sorpresas.

O festival está organizado pola A.D. Reviravoltas e conta coa colaboración do Concello da Cañiza.

Como sempre, animamos a toda a veciñanza a achegarse e desfrutar desta proposta que une deporte, convivencia e espírito do Nadal !.

Horario

O domingo 28 de decembro, ás 16:30h no Pavillón deportivo de Valeixe.