Festival de Nadal– Asociación Deportiva Sobre Rodas - Espectáculo de Patinaxe

Data
to
Location
Pavillón de Valeixe (As Touzosas)
Organiser
Asociación Deportiva «Sobre Rodas» da Cañiza
Actividades

O domingo 21 de decembro, ás 17:00 horas, o Pavillón de Valeixe (As Touzosas) acollerá o Festival de Nadal sobre rodas, unha cita deportiva e artística organizada pola Asociación Deportiva Sobre Rodas.

O evento reunirá a patinadoras e patinadores nunha tarde chea de espectáculo e creatividade , na que a patinaxe artística será a gran protagonista.

Contaremos coa participación dos seguintes clubs convidados:
  •  CPA Luar
  •  CPA Covelo
  •  CPA Blossom
  •  ED Patinaxe Mos
  •  CPA Salvatierra
  •  Flashdance

Unha actividade pensada para todos os públicos, que combina deporte, música e emoción, e que pon en valor o traballo e a dedicación das escolas de patinaxe da Cañiza.

Lugar: Pavillón de Valeixe (As Touzosas)
Data: 21 de decembro
Hora: 17:00 h

Entrada libre ata completar aforo.

Horario

O domingo 21 de decembro, ás 17:00 horas, no Pavillón de Valeixe (As Touzosas)