Escola de Teatro para Adultos curso 2025/2026

Data
to
Location
Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

O Concello da Cañiza, a través da súa programación formativa e de lecer para o curso escolar 2025-2026, abre de novo as portas da Escola de Teatro para Adultos, unha oportunidade única para mergullarse no apaixonante mundo da interpretación.

Este obradoiro está dirixido a persoas adultas que queiran iniciarse nas artes escénicas ou seguir mellorando as súas habilidades teatrais, nun ambiente lúdico, participativo e enriquecedor.

O teatro fomenta a creatividade, a expresión corporal e oral, o traballo en equipo e a confianza persoal, converténdose ademais nun espazo de convivencia e diversión.

Horario das clases: Martes de 18:30 a 20:00 h
Lugar: Casa da Cultura da Cañiza
Comezo das clases: 7 de outubro
Imparte: Grupo de Teatro da Cañiza “Alecrín”

As prazas son limitadas, polo que se recomenda facer a inscrición canto antes.

Inscricións: Biblioteca Municipal. Tel. 986 66 30 69
Horario

Todos os martes en horario de 18.30h a 20:00h a partires do 7 de outubro de 2025