Curso de FORMACIÓN EN ADICCIÓNS para profesionais

Data
to
Location
Edificio Multiusos da rúa Progreso, 21. No 1º Andar
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

Data de impartición do curso: 6 e 7 de xuño de 2023.

Inscríbete no seguinte enderezo oficinatecnicaprevencion@asociacionerguete.org, ou chamando ao número de teléfono 986 250 240

Organizado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a Asociación Érguete e os Concellos da Cañiza, Crecente, Arbo e Melón.

 

Esta actuación está enmarcada dentro dun dos programas do Convenio de colaboración que o Concello da Cañiza asinou o pasado mes de marzo coa Fundación «ÉRGUETE»-INTEGRACIÓN para por en marcha o «PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS CONDUTAS ADICTIVAS 2023».

Un novo servizo de prestación agrupada e xestión compartida cos concellos de Arbo, Crecente e Melón, que está permitindo a posta en marcha desta nova unidade para os anos 2022-2025, xestionado dende o Concello da Cañiza como promotor e que xa se aprobou no Pleno celebrado o pasado 16 de xaneiro de 2023.

O programa cubre a unha poboación total de 10.810 habitantes e está dirixido á comunidade en Xeral, prestando especial atención á poboación adolescente e ás súas familias.

  • As actividades do programa xiran entorno a campañas de sensibilización e información sobre os riscos asociados ao consumo de substancias e outras conductas adictivas.
  • Proxectos de prevención no ámbito educativo e nos lugares de consumo de substancias ilegais e alcohol.
  • Implicación dos axentes sociais en actividades de prevención laboral.
  • Posta en marcha dun sistema de atención, información e asesoramiento persoal a nivel comunitario e
  • Desenvolvemento de accións formativas dirixidas a colectivos específicos en risco.

Un importante servizo que entra en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas coa agravante de que a idade de inicio do consumo segue sendo moi temperá, entre os 12-13 anos. 

Horario

6 e 7 de xuño de 2023, de 9.00h a 13.00h.