O Concello continúa apostando pola formación en Capacitación Dixital
Segundo comentou o Alcalde Luis Piña na presentación deste novo curso, o Concello continúa reforzando o seu compromiso coa mellora das competencias dixitais da cidadanía cun novo programa de formación en capacitación dixital, dirixido a persoas de 18 a 65 anos, "co obxectivo de reducir a fenda dixital e favorecer un uso seguro, responsable e saudable das tecnoloxías" e que se desenvolverá do 19 ao 27 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 horas.
A acción formativa será impartida pola empresa ARA Formación, especializada en capacitación dixital, e desenvolverase no Edificio Multiusos da Cañiza, cun enfoque práctico e adaptado aos distintos niveis das persoas participantes.
Contidos do curso
O programa estrutúrase en catro bloques formativos:
-
Ferramentas básicas para a era dixital
-
Dominio Dixital 360: Maximiza a túa comunicación e seguridade
-
Ciberseguridade práctica: Blindando a túa vida dixital
-
Benestar dixital: Hábitos conscientes para unha mente produtiva e sa
Inscrición e información
Chamando ao número de teléfono: 645 440 959
Esta iniciativa enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e conta co financiamento da Unión Europea – NextGenerationEU (Goberno de España) e da Xunta de Galicia, contribuíndo a un concello máis inclusivo, seguro e dixitalmente preparado.
Do 19 ao 27 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 horas