GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do mariqueo.
Neste 2024 a iniciativa volve á estrada de novo a través de catro foodtrucks que levarán o sabor das nosas rías a toda Galicia.
En cada parada no camiño, os visitantes poderán degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.
Unha destas foodtrucks, estará no noso Concello este domingo, 13 de outubro, diante da Casa Consistorial en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Esta iniciativa da Consellería do Mar pretende mostrar a versatilidade dos produtos acuícolas e poñer en valor o traballo das xentes do mar que traballan na extracción, produción, comercialización e transformación das distintas especies para a súa posta a disposición dos consumidores.
A campaña está apoiada con distinto material promocional, a través do que se informa aos destinatarios sobre a importancia social e económica do sector do mar:
- Se pon en valor a actividade da pesca e o marisqueo en Galicia.
- Se promove unha xestión sostible dos recursos tanto dende o punto de vista económico, como ambiental e social.
- E se garante a trazabilidade dos produtos pesqueiros e a súa seguridade alimentaria.
O domingo 13 de outubro, en horario de 12:00h a 15:00h e pola tarde de 17:00h a 20:00h.