Unha proba de velocidade con planeadores sen motor, na que os avións deben percorrer unha distancia de 1 km nun circuito de 100 m.
A ascendencia dos planeadores consíguese polo efecto da ladeira, de xeito análogo ao voo de parapentes e alas delta.
O planeador lánzase a man contra o vento que debe incidir en dirección perpendicular á ladeira.
Por este motivo non se pode predecir o lugar de celebración do evento.
Ata o día anterior ou horas antes da celebración, non se decidirá o emprazamento exacto (informarase do lugar a través dos grupos de Whassap de Vuelo a Vela Fontefría e a páxina da Federación de Aeromodelismo.
As ladeiras máis utilizadas son as do parque eólico da Franqueira, San Nomedio en Ponteareas, a ladeira W de Santa María de Oia e outras.
☎️Para interesados están disponibles os teléfonos 639 033 665 e 610 766 826
O sábado 21 de xuño de 2025, durante todo o día.
Ubicación pendente de determinar, atendendo á meteoroloxía do día. As ladeiras máis utilizadas son as do parque eólico da Franqueira, San Nomedio en Ponteareas, a ladeira W de Santa María de Oia e outras.