Recordamos que está aberto o prazo da CONVOCATORIA de SUBVENCIÓNS destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas promovidas por persoas físicas ou xurídicas para o ano 2025

Cultura
Deportes

ANUNCIO

De conformidade co disposto na Ordenanza Reguladora da concesión de subvencións destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas promovidas por persoas físicas ou xurídicas do Concello da Cañiza (Pontevedra):

Publicada no BOPPO núm. 67 de data 08.04.2005, queda aberto o prazo para que os posibles interesados poidan presentar as súas solicitudes, dende o día seguinte á publicación do presente anuncio no BOPPO e ata o día 30.06.2025

As solicitudes presentadas deberán reunir todos os requisitos establecidos na referida Ordenanza, así como no Decreto de data 26/05/2025 que dí:

 

 DECRETO da Alcaldía 2025-0770 do 26/05/2025

Texto literal:

" RESOLUCION DA ALCALDIA

Entre os obxectivos desta Alcaldía se atopa o de fomentar a actividade cultural e deportiva, promovendo todas aquelas accións que leven consigo a mellora da calidade de vida e o impulso da cultura e o deporte.

Por esto, e dado a importante labor que realizan as asociacións Culturais e deportivas deste Concello na promoción e difusión cultural e turística, así como o fomento da actividade deportiva entre os veciños, sendo un claro exemplo de convivencia social e, baseándonos na Ordenanza Reguladora da Concesión de subvencións destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas promovidas por persoas físicas e xurídicas do Concello da Cañiza.

Vistas as facultades a min atribuídas en virtude do disposto no artigo 21 da Lei 7/85 de 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local,

RESOLVO:

PRIMEIRO: Se inicie o correspondente expediente co fin de outorgar ás persoas físicas e xurídicas do Concello que así o soliciten, subvencións destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas e se incorporen informes de Secretaría e Intervención, dispoñendo así mesmo que se proceda a realizar a oportuna retención de crédito.

SEGUNDO: Informar ás persoas físicas e xurídicas beneficiarias desta subvención municipal, que, ademáis dos requisitos establecidos na Ordenanza Reguladora da Concesión de subvencións destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas promovidas por persoas físicas e xurídicas do Concello da Cañiza, deberán cumprir os seguintes:

  • -Imaxe municipal: As persoas físicas e xurídicas que perciban esta subvención, comprométense a levar na denominación e equipaxe de todos os seus equipos o nome da localidade de “A Cañiza”
  • - Por outro lado, a imaxe corporativa do Concello da Cañiza e a marca-logo do Concello, aparecerán en todo o material publicitario, cartelería e demáis material de difusión xerado. No caso de clubes deportivos, tamén aparecerá esta imaxe na parte dianteira das camisetas. Todo o relacionado con este apartado, deberá ser validado polo Concello da Cañiza
  • -No momento da xustificación da axuda, no prazo establecido no artigo 8 da correspondente Ordenanza Municipal e, en todo caso antes do día 30 de novembro do corrente exercicio, deberán xustificar documentalmente o establecido nos puntos anteriores: copia da cartelería xerada, fotografías, etc.

 

Publicación no BOPPO Núm. 104 do martes, 3 de xuño de 2025

Ordenanza reguladora de subvencións do Concello da Cañiza

Decreto 2025-0770 de Data 26/05/2025

Anuncio BOPPO nº 104, do martes 26/05/2025