Prazas para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED308A
Prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2022/23, dirixidas a alumnado universitario que compatibiliza os seus estudos co labor de apoio na residencia.
- Centro Residencial Docente da Coruña: 18 prazas.
- Centro Residencial Docente de Ourense: 6 prazas.
- Centro Residencial Docente de Vigo: 6 prazas.
INSCRIPCIÓNS:
Período ordinario: 9 de xuño - 5 de agosto de 2022.
Período extraordinario: 5 - 9 de setembro de 2022.
DURACIÓN:
O período de funcionamento dos centros residenciais docentes coincidirá co calendario escolar.
REQUISITOS:
- Ter 18 anos cumpridos, ou facer esta idade dentro do ano natural 2022.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
- A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teñan que realizar o devandito labor de apoio.
- A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2022/23.
- Terán preferencia na adxudicación de prazas as persoas solicitantes en réxime de dedicación académica a tempo completo:
- Estudos de grao: 60 créditos.
- Estudos de primeiro e segundo ciclo: o número de créditos que resulte de dividir o total dos que integran o plan de estudos (agás os de libre elección) entre o número de anos que o compoñan.
- Non obstante, as persoas solicitantes en situación de matrícula parcial poderán obter praza cando estean matriculadas no número mínimo indicado a seguir:
- Estudos de grao: entre 30 e 59 créditos.
- Estudos de primeiro e segundo ciclo: o 50 % do créditos.
Na adxudicación das prazas teranse en conta criterios económicos (renda da unidade familiar), académicos (rendemento académico) e outros méritos (experiencia e coñecementos).
As persoas colaboradoras bolseiras teñen as seguintes obrigas:
- Residir no centro residencial docente.
- Colaborar no desenvolvemento das tarefas e actividades relacionadas con accións formativas complementarias durante o período de funcionamento en que estea aberto aos residentes.
- Na súa condición de colaboradoras ante o resto das persoas residentes, teñen a obriga de cumprir e facer cumprir as normas de réxime interno, as normas de convivencia e os horarios que permitan o normal desenvolvemento da vida residencial.
REMUNERACIÓN / COSTE:
As persoas adxudicatarias utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta, durante o período de funcionamento en que estea aberta aos residentes.
PÁGINA WEB: