REQUISITOS:
Estar matriculado nos centros de formación dependentes da Consellería do Mar e realizar os seguintes estudos:
a) Marítimo-Pesqueiros:
Ciclos formativos de grao medio e superior da familia profesional Marítimo-Pesqueira.
b) Náutico-Pesqueiros:
Capitán de pesca, patrón costeiro polivalente, patrón local de pesca e mariñeiro pescador.
As prazas poderán adxudicarse nas seguintes modalidades:
a) Servizos de residencia en pensión completa: cuarto, almorzo, xantar e cea.
b) Servizos de media pensión: xantar cinco días á semana, de luns a venres.
c) Servizo de xantar diario non regular.
PRAZAS:
- Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (Pontevedra)
65 pensión completa
5 media pensión e xantar diario non regular
- Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (A Coruña)
45 pensión completa
10 media pensión e xantar diario non regular
PRAZO: aberto ata o 28 de xullo de 2022.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PE606A
+ información https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220707/AnuncioG0427-080622-0001_es.html