LUIS ANTONIO GÓMEZ PIÑA,
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A CAÑIZA
FAI SABER :
Dado que é de interese para este Concello favorecer o desenvolvemento de todas aquelas asociacións ou comunidades que se constitúan para a defensa dos intereses xerais dos veciños, esta Alcaldía INFORMA:
Que o pasado 20 de decembro de 2023 publicouse no BOPPO nº 243 unhas axudas da Deputación de Pontevedra, das que poderán ser beneficiarias as Asociacións de Veciños e Asociacións de Mulleres Rurais e Comunidades de Usuarios de Augas, a través dos programas «PLAN PROVINCIA COMUNITARIA 2024» e «PROGRAMA +AQUA 2024».
O prazo para presentar as solicitudes está aberto dende o 21 de decembro e remata o 29 de febreiro de 2024 e se tramitará na modalidade de concorrencia competitiva.
Para poder ser beneficiario destas axudas é obrigatorio estar inscrito nos correspondentes Rexistros Públicos e presentar as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica da Deputación de Pontevedra: https://sede.depo.gal.
Para calquera aclaración ou ampliación de información, esta Alcaldía ponse a disposición das asociacións ou comunidades beneficiarias.