BANDO ANUNCIANDO CAMBIO DE DÍA NA CELEBRACION DA FEIRA DO 6 DE XUÑO

Servizos xerais

O Alcalde informa que a feira do dia 6 de xuño de 2022 (luns) adiántase para o domingo 5 de xuño para non coincidir coa celebración da Romaría das Pascuillas na Franqueira

 

B A N D O

 

LUIS ANTONIO GÓMEZ PIÑA,

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A CAÑIZA

 

FAI SABER

a feira do dia 6 de xuño de 2022 (luns) adiántase para o domingo 5 de xuño para non coincidir coa celebración da Romaría das Pascuillas na Franqueira

Que o vindeiro 6 de xuño de 2022, luns, celebrarase na Cañiza a Romaría das Pascuillas na honra da Nosa Señora Santa María da Franqueira. Este día está aprobado como festivo local no calendario de festividades da anualidade 2022 do Concello da Cañiza.

Tamén neste día 6 de xuño está establecida a celebración da feira de cada mes tal e como se aprobou na Ordenanza Municipal de Venda Ambulante modificada e publicada o pasado 2 de decembro de 2021 no BOP nº 234, que no seu Capítulo III, Artigo 5, determina que «A Feira Tradicional da Cañiza se celebrará todos os días 6 e 20 de cada mes, e cando cadre en festivo manterase a súa celebración».

Considerando a excepcionalidade da celebración da Romaría das Pascuillas que este ano coincide co día 6 da feira (LUNS), e para garantir que as dúas celebracións non se solapen producindose un prexuízo entre elas,

Esta Alcaldía informa que, con carácter excepcional, a FEIRA TRADICIONAL DO 6 DE XUÑO (LUNS), ADIÁNTASE PARA O DÍA 5 DE XUÑO (DOMINGO).