Considerando que é de interese para este Concello favorecer o desenvolvemento das Comunidades de Usuarios de Augas para consumo humano do noso municipio:
Dende esta Alcaldía INFÓRMASE de que no BOP nº 1, de data 2 de xaneiro de 2026, publicáronse as bases reguladoras de 2 liñas de axudas da Deputación de Pontevedra dirixidas ás Comunidades de Usuarios de Augas da provincia:
PROGRAMA +NOVAQUA 2026:
Destinado á legalización ou novación das traídas veciñais de augas, subvencionando os seguintes gastos:
- Redacción de proxecto técnico.
- Analíticas obrigatorias da auga.
- Traballos topográficos.
- Gastos de xestión.
- Tramitación e gastos notariais, rexistrais e taxas.
Importe máximo subvencionable: ata 6.000 € por comunidade.
PROGRAMA +AQUA 2026:
Dirixido á mellora da calidade da auga e das instalacións de captación, potabilización, tratamento e almacenamento, subvencionando investimentos realizados no exercicio 2026. Inclúe tamén gastos de xestión e taxas vinculadas ás autorizacións necesarias.
Importe máximo subvencionable: ata 10.000 €.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de abril de 2026.
As traídas interesadas deben reunir os seguintes requisitos:
- Ter domicilio social na provincia de Pontevedra
- Estar legalmente constituídas e inscritas no rexistro correspondente
- Ser titulares da concesión de aproveitamento de augas (ou tela solicitada para renovación/novación)
- Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social
- Non estar incursas en procedementos sancionadores co organismo de bacía
Presentación de solicitudes:
Obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra:
https://sede.depo.gal
Para a presentación admítense certificados electrónicos, sistema Cl@ve e DNIe.
Para calquera aclaración ou ampliación de información, esta Alcaldía ponse á disposición das Comunidades interesadas.
