AVISO IMPORTANTE ! . FALTA DE PRESIÓN E INTERRUPCIÓN NO SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE NO NÚCLEO URBANO

Alcaldía

(Desde a zona da piscina climatizada, rúa Progreso, A Calzada, ata Leboriz e recta de Pereiras)

Informamos que, debido aos cortes no subministro eléctrico rexistrados durante a tarde e noite do martes no noso municipio, os sistemas de achega de auga á rede de abastecemento da zona de Augas Férreas víronse afectados. Estes sistemas tiveron que ser reparados e reseteados para restablecer o seu funcionamento habitual.

O Concello está a traballar para que o servizo municipal de subministro de auga potable poida estar restablecido ao 100% arredor das 12:00 h do mediodía.

Rogamos desculpen as molestias.

 

FALTA DE PRESIÓN E INTERRUPCIÓN NO SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE NO NÚCLEO URBANO