ANUNCIO. Publicación da aprobación do Rexistro de Actividades de Tratamento e a Política de Protección de Datos do Concello

Seguridade

DECRETO POLO QUE SE APROBA O REXISTRO DE ACTIVIDADES DE TRATAMENTO E A POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS

Desde o 25 de maio de 2018, é de aplicación o Regulamento Xeral Europeo de Protección de Datos (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, que modifica a normativa en Protección de Datos de España e introduce importantes modificacións respecto ao tratamento dos datos.

Este Regulamento coexiste coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos persoais e garantía de dereitos dixitais.

En aplicación do devandito Regulamento, os Concellos teñen a obrigación de elaborar un rexistro de actividades de tratamento, que deberá conter a información que sinala o artigo 30 do mesmo e incluirá, ademais, a base xurídica que xustifica o tratamento, o que supón dispoñer dun rexistro coa seguinte información:

a O nome e os datos de contacto do responsable e, no seu caso, do corresponsable, do representante do responsable, e do delegado de protección de datos.

b Os fins do tratamento.

c Unha descrición das categorías de interesados e das categorías de datos persoais.

d As categorías de destinatarios a quen se comunicou ou comunicarán os datos persoais, incluídos os destinatarios en terceiros países ou organizacións internacionais.

e No seu caso, as transferencias de datos persoais a un terceiro país ou unha organización internacional, incluída a identificación de devandito terceiro país ou organización internacional e, no caso das transferencias indicadas no artigo 49, apartado 1, parágrafo segundo, a documentación de garantías adecuadas.

f Cando sexa posible, os prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos.

g Cando sexa posible, unha descrición xeral das medidas técnicas e organizativas de seguridade a que se refire o artigo 32, apartado

1. Adicionalmente, deberase de aprobar unha Política de Protección de Datos que deberá de ser publicada na páxina web do Concello da Cañiza para así informar a toda a cidadanía do tratamento que se realizará daqueles datos persoais que se fornezan ao Concello.

No exercicio das competencias que teño atribuídas, e a fin de cumprimentar o establecido nas citadas normativas, dispoño:

PRIMEIRO. Aprobar o Rexistro de actividades de Tratamento do Concello da Cañiza, o cal se rexerá polas disposicións xerais e instrucións que se detallen para cada unha delas.

SEGUNDO. O presente Rexistro de actividades de Tratamento do Concello da Cañiza publicarase na páxina web do Concello e estará ao dispor dos interesados nas oficinas xerais do mesmo.

TERCEIRO. Aprobar a Política de Protección de Datos do Concello da Cañiza, a cal se rexerá polas disposicións xerais e instrucións que se detallen