Anuncio: O Concello presenta solicitude de subvención ante a Deputación para a contratación de 2 persoas tituladas ao abeiro do Programa Primeira Experiencia Ano 2023

Emprego

Persoal, oposicións

TITULACIÓNS SOLICITADAS PARA A CONTRATACIÓN PROGRAMA PRIMEIRA EXPERIENCIA ANO 2023 ANUNCIO DE CONVOCATORIA

O Concello de A Cañiza presentou solicitude de subvención ante a Deputación de Pontevedra para a contratación de 2 persoas tituladas que cumpran os requisitos esixidos, segundo a normativa vixente para a formalización de contratos formativos (cláusula 4 das Bases da Convocatoria), por medio das Bases e Convocatoria do Programa de Fomento da Empregabilidade na Provincia de Pontevedra “PRIMEIRA EXPERIENCIA” , publicada no BOPPO .nº 68 de data 10 de abril de 2023.

Tal e como dispón a normativa de referencia, os/as candidatas interesadas en participar no procedemento de selección, deberán ser remitidas como consecuencia do resultado da oferta de emprego emitida polo Concello de A Cañiza, e tramitada na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia sita no Termo Municipal.

Por medio deste Proxecto, se solicitou a subvención para a contratación de:

— 1 persoa con titulada con estudos de Ciclo Superior de asistencia á dirección.

— 1 persoa titulada con estudos de Ciclo Superior en Proxectos de Edificación.

O procedemento de selección se iniciará unha vez se reciba a Resolución positiva concedente da subvención de referencia, e o persoal será contratado coas características establecidas na mesma, así como da normativa laboral actualmente vixente.

As bases específicas do procedemento poderán consultarse, unha vez se inicie o procedemento de selección, no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello e no taboleiro de anuncios da páxina WEB oficial do Concello da Cañiza, sito na sede electrónica e con dirección https://caniza.sedelectronica.es.

Estes serán os principais medios para dar publicidade a tódalas notificacións dos actos que deriven do procedemento selectivo.

 

Anuncio: O Concello presenta solicitude de subvención ante a Deputación para a contratación de 2 persoas tituladas ao abeiro do Programa Primeira Experiencia Ano 2023