ANUNCIO: A Deputación de Pontevedra concede ao Concello da Cañiza unha axuda por un importe de 50.000€ ao abeiro das convocatorias de subvencións da «REDE ÁGORA»

Urbanismo

Expediente 177/2021

ANUNCIO

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 6 de agosto de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: 20.30692.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS OU EXECUCIÓN DE OBRAS DE MOBILIDADE AMABLE E RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS DO CONCELLO DA REDE ÁGORA. (Exptes. 2020053673-2021005205) por importe de 50.000 euros para a redacción do proxecto “Humanización da rúa Antonio Facorro” da Cañiza.

E para que conste a efectos de dar cumprimento ao esixido nas bases reguladoras de concesión da subvención asino a presente.

Documento asinado electrónicamente por LUIS ANTONIO GOMEZ PIÑA, Alcalde do Concello.

 

Deputación de Pontevedra