Servizos de igualdade e benestar social
AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2023.
A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello da Cañiza unha subvención de 11.500,00€ para a prestación de Servizos Básicos de Emerxencia para o ano 2023.
Desta cantidade, 7.500,00€ están destinados á partida de gasto corrente e 4.000,00€ á partida de investimento.
Dita axuda está dirixida a persoas vulnerables e con escasos recursos.
Máis información no Servizo de Atención Primaria do Concello de A Cañiza.