ANUNCIO: Aberto o prazo de convocatoria para a creación de dúas bolsas de emprego no Servizo de Deportes do Concello para a contratación de 1 Socorrista Acuático e 1 Monitor/a de Ximnasio.

Deportes

O Alcalde Luis Piña informa das convocatorias para a creación de dúas bolsas de emprego no Servizo de Deportes do Concello: unha para Socorrista Acuático e outra para Monitor/a de Ximnasio.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, é dicir, do 2 ao 11 de setembro de 2025, ambos incluídos.

As bases e demais documentación necesaria para participar nestes procesos selectivos poden consultarse tanto nas oficinas municipais do Concello da Cañiza como no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica, accesible a través da páxina web oficial do Concello.

Enlace á sede electrónica do Concello para consultar as BASES: https://caniza.sedelectronica.es/board

ANUNCIO: Aberto o prazo de convocatoria para a creación de dúas bolsas de emprego no Servizo de Deportes do Concello para a contratación de 1 Socorrista Acuático e 1 Monitor/a de Ximnasio.