ANUNCIO. Aberto o prazo de consulta das listas de candidatos a Xurado Popular para o sorteo que se celebrará o vindeiro 21 de setembro de 2022

Servizos xerais

En cumprimento do establecido no artigo 13.2 da Lei Orgánica 5/1995 do Tribunal do Xurado (B.O.E. nº 122 do 23 de Maio), a OFICINA DO CENSO ELECTORAL  comunica que o sorteo para a formación das listas de candidatos a xurados celebrarase o día 21 de setembro de 2022, polo que desde este Concello deberase expoñer a lista electoral cos candidatos  non máis tarde do día 12 (sete días hábiles antes do sorteo).

Todas aquelas persoas que estén interesadas en coñecer se forman parte desta listaxe, poden realizar a consulta  nas oficinas xerais do Concello da Cañiza, preguntando polo servizo de estatística, donde se comprobará se efectivamente están seleccionadas para participar neste proceso.

Ou consultar o seguinte enlace: