ALOXAMENTO NAS RESIDENCIAS DE XUVENTUDE. Curso 2022/2023

Educación
ORIENTACION LABORAL

 

 

ALOXAMENTO NAS RESIDENCIAS DE XUVENTUDE. Curso 2022/2023

A Consellería de Política Social e Xuventude convoca prazas e bolsas nas súas residencias xuvenís de Ourense, Lugo e Vigo.

 

MODALIDADES DE PRAZAS:

a) Prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes (BS303B).

b) Prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras (BS303C).

c) Prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras (BS303D).

Do total de prazas resérvase un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen e/ou para persoas mozas con expediente de protección aberto.

 

REQUISITOS:

- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.

- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.

- Ter 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2022. As persoas colaboradoras bolseiras terán que ter os 18 anos cumpridos.

A mocidade estudante que solicite praza de residencia, ademais:

- Cursar estudos de FP, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.

- Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante.

 

REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES:

- Ter os 18 anos e non superar os 30 a data 31 de decembro de 2022.

- Ter unha renda media familiar inferior ao 150% do indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem) do ano en curso.

A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes:

- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.

- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

- No caso de ser unha persoa traballadora por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo:

a) Habitación dobre: 324 € por residente e mes.

b) Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.

Período de estadía:

O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para o curso académico 2022-2023, exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no que estiveran matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.

En calquera caso as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.

 

PRAZO: ata o 16 de agosto de 2022.

Solicitudes:

Sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.es

  • Procedemento BS303B para estudantes,
  • Procedemento BS303C para persoas colaboradoras bolseiras
  • Procedemento BS303D para traballadores/as.

+ Información: DOG do 15 de xullo de 2022 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220715/AnuncioG0657-050722-0005_gl.html

Lugo: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-lug-ii/

Ourense: http://reaj.com/.../residencia-juvenil-florentino-lopez.../

Vigo: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-altamar/