Ruta de Senderismo da Cidade Castrexa das Grades

RUTA «DA CIDADE CASTREXA DAS GRADES PR-G 207»

RUTA DA CIDADE CASTREXA DAS GRADES. Homologada pola Federación coa numeración: PR-G 207

Inaugurouse o domingo 7 de agosto de 2022.  

A Ruta da Cidade Castrexa das Grades, cun percorrido circular de 9.25 Km, sae do entorno das Grades. Unha contorna na que se sitúa tanto o Camping Municipal como a piscina ó aire libre do concello. O sendeiro percorre camiños e pistas forestais, atravesando varias aldeas  pola beira do río Deva e algúns regatos.

O camiño discurre polas parroquias de Petán, Achas e A Cañiza.

Iniciase en sentido horario descendendo cara a piscina municipal das Grades. Por camiños entre muros de pedra e baixo os piñeiros, chégase ata a mámoa das Achas, podendo visitar o paso cabalar no río Deva.

A continuación o camiño ascendente regresa ao lugar das Grades, para bordear a Cidade Castrexa deste lugar e chegar á Aldeíña e desanda  un tramo sobre os propios pasos pola beira do Deva para voltar ao sendeiro circular e chegar de novo ao camping. 

  • Por primeira vez o Concello da Cañiza consigue a homologación dunha ruta diante da Federación Galega de Montañismo: a PR-G 207
  • É unha das 3 rutas que o Concello recuperou dentro do Plan de Reordenación de Sendeiros, xunto coa ruta de Fontefría e a ruta de Luneda.  
  • Unha actuación cun inventimento de máis de 30.000€, financiada ao 100% polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
  • E que ten por obxectivo poñer en valor o noso potencial paisaxístico,  aproveitar ao máximo os nosos recursos naturais e orientalos hacia o turismo rural de forma desestacionalizada, para impulsar a nosa economía.
Ruta de senderismo