Luis Piña recibe no Concello ao gran deportista ex corredor ciclista Alvaro Pino

Tras recibir un agasallo da man do Alcalde por ter elexido as nosas terras para a celebración da VII Marcha Cicloturista «Sestelo Clásica Alvaro Pino», asinou no Libro de Honra do Concello.

Esta mañá Luis Piña recibiu no Concello a visita do gran ciclista e ex corredor Alvaro Pino, quen se achegou ata  o noso Concello para presentar unha nova edición da Clásica Alvaro Pino, marcha cicloturista que se celebrará o vindeiro 22 de maio polas terras do Condado e A Paradanta.

O Alcalde quiso agradecerlle ter elexido A Cañiza para formar parte do circuito deste gran fondo ciclista e lle entregou como agasallo unha réplica en miniatura da Casa Consistorial. Ademáis convidouno a deixar unha pegada da súa visita no Libro de Honra do Concello.