Teatro
Unha actividade programada dentro do «Verán de Lecer 2024»
Ficha artística
Elenco: Fernanda Barrio, Rocío Salgado, Martín Maez,
Dirección: Manuel Mansilla
Xéneros: Teatro de actores e títeres
Duración: 50 minutos
Público: Público Familiar
Tipo espectáculo: Familiar
Onde rematan os recordos que non están ben amarrados?
Quen se encarga de levar da nosa mente todas esas historias vividas e que non nos lembramos delas?
Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como as ondas do mar e o seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo.
Que lle está a pasar?
Como Uxía, unha nena de dez anos, pode axudar a recuperar eses recordos ou, tal vez, acabarán todos na illa da deslembranza?
Horario
Sábado 17 de agosto de 2024, ás 21.30h, no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza