DÍAS:
- Luns 22, martes 23 E venres 26 de decembro
- Luns 29, martes 30 (decembro) e venres 2 de xaneiro
Horario: DE 8 A 15 H
Lugar: CASA DE CULTURA
O Concello da Cañiza oferta este Campamento de Nadal dirixido a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares. A inscrición quedará aberta o vindeiro luns, 1 de decembro e manterase ata o 10 de decembro ás 13 h.
Poderán participar nenas e nenos de 3 a 12 anos (Os nenos-as de 3 anos teñen que estar xa cursando 4º de Educación Infantil). As actividades desenvolveranse nas instalacións da Casa de cultura os días 22, 23, 26, 29, 30 de decembro e 2 de xaneiro de 8 a 15 horas.
As solicitudes poden presentarse na Biblioteca Municipal no seguinte horario: de luns a venres de 10 a 13 h e de 16.30 a 20 h.
Prezos:
- Solicitude individual: 33 €
- Solicitude dobre: 58,55 €
- Solicitude tripla: 66 €
Información e inscrición na biblioteca municipal
Horario: DE 8 A 15 H