Actividades
O Concello da Cañiza xa ten todo preparado para recibir a visita máis agardada do Nadal: a Cabalgata de Reis 2026.
O domingo 4 de xaneiro, ás 18:30 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as rúas da vila acompañados das súas carrozas, repartindo ilusión, alegría e moita maxia para grandes e pequenos.
A comitiva real fará o seu tradicional percorrido pola vila e, unha vez rematado, terá lugar a recepción dos Reis Magos ás nenas e nenos no Auditorio da Casa de Cultura, onde poderán saudar aos tres Reis e entregarlles as súas cartas persoalmente.
Unha cita entrañable e chea de emoción para celebrar en familia e manter viva a ilusión do Nadal.
Agardámosvos para compartir unha tarde máxica na Cañiza!
Horario
O domingo 4 de xaneiro, ás 18:30 horas.