Que é o CELGA?
O CELGA (Certificado de Estudos de Lingua Galega) é unha proba oficial de avaliación do idioma galego.
Está adaptada ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e é un requisito imprescindible se queres optar a un posto de traballo en calquera das administracións públicas galegas.
Niveis dispoñibles
A preparación abrangue todos os niveis:
-
CELGA 1
-
CELGA 2
-
CELGA 3
-
CELGA 4
-
CELGA 5
Ademais, tamén se inclúen as validacións de estudos de galego.
Preparación en A Cañiza
O Concello da Cañiza, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, ofrece aulas preparatorias para estas probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Lugar: 1º Andar da Casa da Cultura da Cañiza (Aula CeMIT)
Datas: Todos os xoves
Horario: de 17:00 a 19:00 h
Prezo: Formación GRATUÍTA
Inicio: xoves, 2 de outubro de 2025
Información e inscrición
Biblioteca Municipal
Teléfono: 986 66 30 69
Actividade puntuable para oposicións.
Todos os xoves. Inicio o 2 de outubro de 2025 en horario de de 17:00 a 19:00 h