El Ayuntamiento apuesta por el «TURISMO ACTIVO» y la puesta en valor de nuestra riqueza paisajística

  • REORDENANDO LOS SENDEROS DE FONTEFRÍA, DE A CIDADE CASTREXA DAS GRADES Y DE LUNEDA. Una actuación financiada con 29.866,22 € por la Diputación de Pontevedra.

  • ACONDICIONANDO El SENDERO DEL RIBADIL DE  “RED NATURA” Y CONSTRUYENDO UN MIRADOR Y ZONA DE DESCANSO, con una inversión de 39.828,33€.

 

Nuestro altísimo potencial paisajístico y nuestro patrimonio nos sitúan como uno de los mejores emplazamientos para disfrutar del turismo activo.  El Alcalde Luis Piña durante este mandato desarrolló numerosas actuaciones para mejorar esta oferta.

En esta línea, se reordenaron 3 nuevos senderos. Ruta de Fontefría, de  Luneda y de A Cidade Castrexa das Grades, en un proyecto financiado con 29.866,22€ por las ayudas para el fomento de la accesibilidad y señalización de los recursos turísticos del Plan Ayuntamientos de la Diputación.

El proyecto abarcó la ejecución de los trabajos de acondicionamiento y el desarrollo de un completo trabajo de campo, con informes específicos del sendero, indicadores de las actuaciones de mantenimiento necesarias durante el año y señalización de la ruta siguiendo la normativa de la Federación Gallega de Montañismo. También se  instalaron paneles interpretativos que están ayudando a divulgar los valores del entorno.

En el caso de estos 3 nuevos senderos, el proyecto se completa con el diseño e impresión de una guía de senderismo (que estará disponible próximamente en formato papel y que adelantamos online ) y la creación de contenidos digitales para su empleo en la página web del Ayuntamiento y en la plataforma Wikiloc.

 

Ademáis no 2021 acondicionouse o sendeiro do río Ribadil “Rede Natura” ao seu paso polo Couto, cunha inversión de 19.872,47€, para o que se conseguiu unha subvención de 12.688,97€ da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. O 28-09-2022 adxudicouse a obra “construcción dun mirador e zona de descanso no río Ribadil” cunha inversión de 19.955,86 € para os que se conseguíu unha subvención de 18.142,45 € en 2 anualidades –9.071,22 € para 2022 e 9.071,23 € para 2023- da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

 

SENDEIRO DA CIDADE CASTREXA DAS GRADES. Homologada pola Federación coa numeración: PR-G 207

A Ruta da Cidade Castrexa das Grades, cun percorrido circular de 9.25 Km, sae do entorno das Grades. Unha contorna na que se sitúa tanto o camping como a piscina ao aire libre do concello. O sendeiro percorre camiños e pistas forestais, atravesando varias aldeas  pola beira do río Deva e algúns regatos.

Todas as actuacións permitiron a súa homologación como PR-G 207 ante a Federación Galega de Montañismo. Esta ruta foi inaugurada o pasado 7 de Agosto de 2022 cunha andaina multitudinaria. 

 

SENDEIRO DE FONTEFRÍA, homologada coa numeración: PR-G 206

A Ruta de Fontefría ten un percorrido circular de 7,68 km polas parroquias de Achas e Petán, situando o punto de inicio no alto de Fontefría, a 790 m. de altitude, do que se parte en dirección norte.

Unha andaina por un espectacular entorno de zonas chairas con pastoreos, mámoas, turbeiras e rodeados da flora e fauna propias do entorno natural da media montaña.  Discorre por vías forestais nunha contorna de repoboacións de piñeiro silvestre, bordeando os pastizais existentes nesa zona. Trátase dun percorrido sinxelo, con baixa pendente, que tamén se pode realizar en bicicleta.

Todas as actuacións permitiron a súa homologación como PR-G 206 ante a Federación Galega de Montañismo. Esta ruta foi inaugurada o pasado 18 de Setembro de 2022 con outra andaina. 

 

SENDEIRO DE LUNEDA

A ruta de Luneda, cun percorrido circular de 13,17 km é a máis longa dos tres sendeiros.

Parte da parroquia de Luneda, no lugar de San Roque e ascende pola beira do regato Aceval cara aos montes da Paradanta. O sendeiro percorre camiños tradicionais e pistas forestais, visitando numerosos miradoiros naturais nos altos da Paradanta, unha das zonas da Cañiza con máis valor paisaxístico e cultural.

 

SENDEIRO RIO RIBADIL: “REDE NATURA”

Trátase dun sendeiro circular  de 2,5 km, cun desnivel de cerca de 80m de altura.

O sendeiro do río Ribadil está incluído dentro da Rede Natura 2000, en 2 km de lonxitude. Un espazo natural protexido de alto valor ecolóxico a nivel europeo polas especies e hábitats que conviven nesta zona única.

Os traballos realizados incluíron tamén a roza e desbroce de todo o sendeiro, a construción de refuxios de madeira con mapas interactivos,  marcas de pintura, sinais e balizas que permiten continuar o percorrido.

 

ESTREAMOS NOVO MIRADOIRO E ZONAS DE DESCANSO

Unha nova actuación que completa as melloras de acondicionamento desenvolvidas en 2021. O proxecto de construcción do novo miradoiro, redactado polo enxeñeiro Néstor Blanco, cun investimento de 19.955.86€, adxudicouse á empresa PANGEA INGENIERÍA DEL TERRITORIO SLNE. Unha actuación subvencionada con 18.142,45€ para 2022 e 2023, pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Consellería de Medio Ambiente da Xunta, con fondos Europeos Agrícolas para o Desenvolvemento Rural (FEADER).

Este sendeiro invita tamén a coñecer parte do camiño dos arrieiros do viño que xa no século XVIII, a través da ponte medieval de Noceifas, conectaba as zonas de Crecente, Arbo e Valeixe e o Ribeiro.

 

RUTA PR-G 165 Sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva

Con estas novas ofertas de sendeiros, completase unha oferta turística de gran valor pola alta riqueza natural do noso municipio, no que xa tiñamos dispoñible no noso municipio a ruta PR-G 165 Sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva, promovido pola comunidade de montes de Parada de Achas, con máis de 33km.

 

Aproveitamos o alto valor turístico da nosa paisaxe

Todas estas medidas compren co obxectivo de por en valor o noso potencial paisaxístico,  aproveitar ao máximo os nosos recursos naturais e orientalos ao turismo rural de forma desestacionalizada, para impulsar a economía do noso concello.