A 5 meses del 2º mandato, el Alcalde de A Cañiza avanzó esta mañana "que el Gobierno lleva trabajando intensamente para afrontar la delicada situación económica del Ayuntamiento"
- Una situación derivada de los 2.769.008,52€ en facturas a proveedores sin pagar (desde el año 2014) que el Ayuntamiento tuvo que declarar al Ministerio de Hacienda en el 2022 y 2023 y que ahora tenemos que devolverle a razón de 46.000,00€ al mes.
- Para poder rebajar esta cantidad a 23.000,00€/mes ( el máximo que permite la Ley) el Ayuntamiento tiene que presentar ante este Ministerio un Plan de Saneamiento Financiero que tendrá que pasar por la actualización de las ordenanzas fiscales, el recorte del gasto y la reducción de la plantilla (amortización de plazas por jubilación en un plazo de tres a cuatro años).
- Luis Piña adelantó que el Gobierno lleva meses estudiando la actualización de la fiscalidad municipal. Tasas e impuestos sin revisar ni actualizar desde hace años y que en algunos casos están congelados desde el año 2004, como es el Impuesto de Vehículos.
- Además la actualización de la fiscalidad está obligada por la fuerte subida de los precios, sobre todo energéticos, que afecta a la viabilidad de la prestación y mantenimiento de los servicios públicos.
ELIMINACIÓN DA DÉBEDA A PROVEEDORES: PAGO EN 2022 E 2023 DE 2.769.008,52€
O Concello ten que facer fronte obrigatoriamente a un plan de Saneamento Financeiro, requerido por Hacienda, para rebaixar á débeda contraída co Ministerio de 2.769.008,52€ procedentes do pago de facturas a proveedores adeudada dende o ano 2014”.
Esta situación, provocada polos dous mecanismos de pago a proveedores que o Concello se viu obrigado a cumprir coa Axencia Tributaria (por presentar un período medio de pago das facturas a proveedores “superior a 60 días e excesivamente elevado de forma reiterada no tempo”), tivo como consecuencia a declaración de 2.769.008,52€ (1.149 facturas que sumaron un total de 1.240.415,52€ en 2022 e 2089 facturas que sumaron un total de 1.528.593,00€ en 2023).
RETENCIÓNS DO MINISTERIO DE HACIENDA DE 46.000€/MES
Facturas sen pagar que asumiu Hacienda nos anos 2022 e 2023 pero que dende o pasado mes de xullo temos que devolverlle en forma de retencións, con cargo á participación do Concello nos Tributos do Estado.
Unha retención do 50% que para o Concello supón deixar de cobrar cada mes un total de 46.000€ e anualmente 552.000,00€.
A este respecto e segundo se recolle no artigo 117 da Ley de Presupuestos Generales del Estado 2023, esta retención do 50% poderá ser reducida ata un 25% en función das necesidades do Concello e sempre que a Corporación acredite a existencia de graves desfases de Tesourería.
Unha situación que a día de hoxe está sufrindo o Concello da Cañiza, motivado principalmente por ter conxeladas as actualizacións anuais das taxas e impostos dende hai máis dunha década (nalgúns casos 20 anos como o imposto de circulación de vehículos), á forte subida dos prezos do mercado debido á inflación e a inestabilidade internacional e tamén á masa salarial que ten que asumir o Concello .
O CONCELLO SOLICITOU A HACIENDA A REBAIXA DESTA RETENCIÓN AO 25%
Ante esta posibilidade, dende a Intervención Municipal, se solicitou o pasado 10 de outubro ao Ministerio a rebaixa desta retención ata un 25%. Tendo en conta que o Concello cobra con cargo á participación dos Tributos do Estado 92.000,00€ ao mes, a concesión desta rebaixa ata o 25% suporía cobrar 69.000,00€, en vez dos 46.000,00€ que están aplicando dende o mes de xullo”.
A aplicación da retención do 25% suporía unha perda de 23.000,00€ mensuais e 276.000,00€ anuais. Se o Ministerio de Hacienda non autoriza a rebaixa da porcentaxe, o Concello deixará de cobrar 552.000,00€ ao ano.
CONDICIÓNS DO MINISTERIO PARA CONCEDER A REBAIXA DA RETENCIÓN
Pero para que o Ministerio de Hacienda conceda minorar a retención ao 25% é obrigatorio presentar un Plan de Saneamento Financeiro, que terá que ser aprobado polo Pleno, que recolla unha serie de medidas que permita ao Concello cumprir co obxectivo de estabilidade financeira.
Entre estas medidas está a actualización das ordenanzas fiscais para o ano 2024 con revisións anuais, recortes no gasto corrente e revisión e amortización dos postos de traballo vacantes por xubilación ou outra causa. Medidas que permitan aprobar os orzamentos nos seguintes exercicios conseguindo equilibrar os gastos e ingresos.
ESFORZO COLECTIVO QUE IMPLICA O COMPROMISO E COLABORACIÓN DE TODOS
Con todo o Alcalde manifestou “que a actualización das taxas e impostos municipais non permitirán cubrir a totalidade dos costes e gastos derivados da prestación dos servizos públicos pero sí facer fronte á parte de minoración de recursos con cargo á Participación de Tributos do Estado”.
Unha situación complicada para o Concello e para a veciñanza que ademáis ven a sumarse á carestía da vida e á forte subida dos prezos do mercado que afecta directamente ao mantemento dos servizos públicos de carácter básico, polo que o Concello se ve na necesidade de actualizar os impostos e as taxas no vindeiro exercicio.