Taboleiro de anunciosIr a esta sección

29 de xuño de 2021

Por Resolución de Alcaldía anúnciase o inicio do procedemento de formación dunha BOLSA DE EMPREGO de Auxiliar para o Servizo de Atención ao Fogar do Concello da Cañiza.

Os interesados poderán consultar e solicitar as Bases específicas aprobadas a tal efecto para este procedemento e solicitar o Anexo I das mesmas que está aprobado para actuar como instancia ou modelo de solicitude de participación e o anexo II correspondente, nas oficinas da Casa Consistorial do Concello da Cañiza e na páxina Web oficial do  Concello (www.caniza.org)

O prazo para a recollida das solicitudes e documentación relacionada nas bases é de DEZ DÍAS NATURAIS a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Taboleiro de Anuncios da Casa Consistorial e na páxina WEB oficial do Concello da Cañiza.

BASES DO PROCEDEMENTO

compartir

axenda