NovasIr a esta sección

Subvencións culturais e deportivas 2021
Data de publicación: 17 de marzo de 2021

O Concello abre o prazo para solicitar subvencións destinadas  ao fomento de actividades culturais e deportivas promovidas por persoas físicas ou xurídicas do Concello da Cañiza para o ano 2021

Anuncio publicado no BOP de Pontevedra Nº 51 do 16 de marzo de 2021

 

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 17.03.2021 ata o 30.06.2021

 

De conformidade co disposto na Ordenanza Reguladora da concesión de subvencións destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas promovidas por persoas físicas ou xurídicas do Concello da Cañiza (Pontevedra), publicada no BOPPO núm. 67 de data 08.04.2005, queda aberto o prazo para que os posibles interesados poidan presentar as súas solicitudes, dende o día seguinte á publicación do presente anuncio no BOPPO e ata o día 30.06.2021.

As solicitudes presentadas deberán reunir todos os requisitos establecidos na referida Ordenanza. Os gastos imputaranse á aplicación orzamentaria 2021.334.48000

Para poder ser beneficiario destas subvencións, as entidades teñan necesariamente que cumprir cos requisitos recollidos nas ordenanzas municipais e a Lei de subvencións. Neste caso os beneficiarios son as asociacións  culturais ou clubes deportivos que teñan por obxecto o fomento e a promoción de actividades dentro destos ámbitos para o ano 2021.

Ademáis de estar inscritos no Rexistro provincial correspondente, as entidades teñen que presentar memoria de actividades, orzamentos, acreditación da financiación, non ter ningún expediente sancionador aberto que lles impida poder acceder a este tipo de subvencións, presentar facturas, así como todos os documentos que acrediten a súa titularidade.

compartir

axenda