NovasIr a esta sección

Sesión Plenaria Ordinaria do 27 de maio 2021
Data de publicación: 28 de maio de 2021

Aprobáronse as ordenanzas das Feiras, dos novos prezos da EIM, das taxas do lixo, nova ordenanza de saneamento e depuración de augas residuais e a contratación da explotación do servizo do Camping.

O PLENO DO CONCELLO CELEBRADO ONTE ACORDOU A APROBACIÓN DAS ORDENANZAS DAS FEIRAS, DOS NOVOS PREZOS DA ESCOLA INFANTIL, DAS TAXAS DO LIXO, A NOVA ORDENANZA DO SERVIZO DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS E A CONTRATACIÓN  DA EXPLOTACIÓN DO SERVIZO DO CAMPING.

 

Este xoves, 27 de maio, o Pleno do Concello celebrado ás 20h coa asistencia de toda a Corporación, acordou a aprobación e modificación da ordenanza reguladora da venda ambulante na Cañiza, a nova ordenanza do servizo de saneamento e depuración de augas residuais, inexistente ata o de agora, a modificación da ordenanza da taxa do lixo e da ordenanza fiscal do servizo da Escola Infantil da cañiza. Ademáis aprobou o expediente de contratación para a explotación do servizo do camping  que necesariamente tivo que ir a Pleno por ser o órgano competente para resolver (xa que o importe do valor da concesión supera o 10% dos recursos ordinarios do Orzamento: 3.627.655,26€).

 

CONTRATACIÓN DA EXPLOTACIÓN E MANTEMENTO DO SERVIZO DO CAMPING: APROBADA POLO PLENO

Esta concesión, cun valor de 1.604.283,15€, será por 16 anos e contempla un investimento mínimo por parte da empresa concesionaria de 66.680,00€. Ademáis o Concello reservarase o dereito de instalar no recinto un punto de recepción de BTT (Bicicleta Todo Terreno) e o dereito de ocupar varias prazas durante a tempada alta.

É intención do Goberno Municipal que o Camping sexa xestionado por empresas  especializadas en hosteleira e xestión de lecer e tempo libre, capaces de  optimizar ao máximo os recursos deste activo, para atraer máis visitantes e turistas e volver a convertir esta instalación nun instrumento catalizador de turismo.

 

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL DO SERVIZO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL : APROBADA POLO PLENO

Aprobouse a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Prezo Público polo Servizo da Escola Infantil Municipal de 0 a 3 anos, publicada no BOPDEPO 127 do 3 de xullo de 2012.

Esta modificación equiparará os prezos da Escola da Cañiza aos prezos das escolas infantís da rede autonómica da Galiña Azul. Permitirá ademáis adaptarse á normativa autonómica de axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís (0-3 anos) con  carácter de retroactividade. A Ordenanza actual non contemplaba esta bonificación do 100% para segundos fillos.

 

ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA VENDA AMBULANTE NO CONCELLO DA CAÑIZA: APROBADA  INICIALMENTE  POLO PLENO

A aprobación desta nova ordenanza responde ao compromiso adquirido polo Goberno Municipal coa Comisión de Vendedores das Feiras da Cañiza de manter as feiras antiguas e crear unha feira nova.

 

o pasado 28 de agosto asinouse un acordo histórico entre o Alcalde Luis Piña e os representantes  dos feirantes para o mantemento da feira antigua do 6 e do 20 e a creación dunha nova feira que se celebrará o antepenúltimo e o último domingo de cada mes.

a nova feira é unha aposta económica que xurde co  fin de crear un novo espazo comercial e dar un novo servizo de fin de semana aos veciños e visitantes para impulsar, fortalecer e fidelizar a economía local.

 

ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO DE SANEAMENTO E DEPURACION DE AUGAS RESIDUAIS: APROBADA  POLO PLENO

O Concello non disponía dunha ordenanza xeral para este Servizo. Soamente disponía dun regulamento de verteduras á rede de saneamento que con esta nova Ordenanza queda derogado e pasa a formar parte da nova norma máis ampla que recolle entre outros aspectos as condicións do emprego da rede municipal de saneamento e as inspeccións e controis sobre o mal uso da mesma.

 

MODIFICACION DA ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO: APROBADA  POLO PLENO

Aprobouse únicamente o apartado que fai referencia ás bonificacións que o Concello deberá aplicar nos recibos do lixo para repercutir a baixada do 10% na tonelada de basura que a Sociedade Galega do Medio Ambiente da Xunta de Galicia aplica ao Concello baixando a Tonelada de 69,48€ ao canon bonificado de 62,50€.  O Concello da Cañiza xenera unha media de 150 toneladas de lixo ao mes o que supón un coste mensual de 9.000 €uros, incrementándose nos meses de verán e coas celebracións do Natal.

 

 

 

compartir

axenda