NovasIr a esta sección

Recupérase un novo sendeiro do rio Ribadil ao seu paso polo Couto
Data de publicación: 28 de marzo de 2021

Esta semana remataron as obras de acondicionamento dun novo sendeiro circular de 2.5 km do Río Ribail "REDE NATURA" ao seu paso pola parroquia do Couto

 
UNHA RUTA PARA DISFRUTE DOS VECIÑOS E VISITANTES QUE XA ESTÁ TRANSITABLE DESPOIS DAS OBRAS INICIADAS A PRINCIPIOS DE ANO
 
UNHA APOSTA MEDIOAMBIETAL DO GOBERNO LOCAL PARA ACTIVAR E EMPONDERAR O NOSO PATRIMONIO NATURAL E PAISAXÍSTICO
 
ESTE SENDEIRO PERMITE COÑECER TAMÉN PARTE DA RUTA DOS ARRIEIROS DO VIÑO QUE A TRAVÉS DA PONTE MEDIEVAL DE NOCEIFAS DISCURRÍA ENTRE AS ZONAS DE CRECENTE, ARBO E VALEIXE E O RIBEIRO
 
A Cañiza a 28 de marzo de 2021. O Alcalde Luis Piña percorreu, acompañado por concelleiros do Goberno, o sendeiro tras o remate das obras que incluiron a construcción dun refuxio de madeira no  inicio do percorrido con mapas informativos a beira da estrada entre Cañiza e Crecente, marcas de pintura, sinais e balizas que permiten continuar o percorrido. Os traballos rematados esta semana incluiron tamén a roza e desbroce de todo o sendeiro. 
 
Cun investimento de 15.350 €uros, contou cunha axuda de 12.685,95 € da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia (PDR) cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75%.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

compartir

axenda