NovasIr a esta sección

Recepción no Concello ás campionas galegas de Balonmán
Data de publicación: 15 de maio de 2021

O Alcalde felicita en nome de todos os cañicenses ás campionas galegas de balonmán feminino nun acto celebrado este sábado, ás 17h, no Salón de Plenos.

Esta tarde celebrouse no Salón de Plenos do Concello unha recepción a todo o equipo gañador formado polas 17 xogadoras, o entrenador Emilio Barciela, o preparador físico Ramón Pérez e os dous delegados de equipo Javier Rodríguez e Melisa Mariño que xunto co Presidente do Clube Rubén Fernández e a directiva foron felicitados polo rexedor Luis Piña, acompañado da 1ª Teniente de Alcalde Mª José Rodríguez. O Alcalde lles desexou toda a sorte e éxito no partido que se disputará o vindeiro mes de xuño para a Fase de Ascenso a División de Honra Prata.

 

Na recepción desta tarde tamén houbo intercambio de agasallos. O Clube recibiu da man do Alcalde unha escultura da fachada da Casa do Concello e o Clube lle fixo entrega dunha camiseta do equipo.

 

Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña o deporte está de noraboa na Cañiza grazas, nesta ocasión, ao equipo Feminino do Balonmán Cañiza que conseguiu quedarse co título de Campión Galego  en Primeira Autonómica Feminina.

Un logro que xa acadara o ano pasado, sin perder un so partido, pero que debido á declaración do Estado de Alarma e ás crises provocadas pola COVID-19, que bloqueou todo tipo de actividade deportiva, non foi posible disputar o partido de ascenso de categoría a DHP.

Enma Pérez, Ana Rodríguez, Lucía Afonso, Laura Noemi González, Iria Gómez, Mª de las Nieves Guerrero, Sofía Alvarez, Begoña Ibáñez, Carla Abad, Pamela Arca, Ana Orge, Sara Carril, Alexia Penabella, Olalla Penabella, María Montero, Alba Afonso e Alejandra Carballo.

Estas 17 campionas sí que poderán disputar este ano a Fase de Ascenso a División de Honra Prata, concretamente os días 4, 5 e 6 de xuño. Días nos que toda A Cañiza e toda a súa afición estará pendente deste formidable equipo.

O Alcalde tamén felicitou á Directiva do Clube pola labor que están desenvolvendo en prol desta disciplina deportiva e pola labor de promoción da Cañiza en todos os partidos disputados durante a tempada deportiva.

Felicitación que fixo extensiva tamén a todo o Clube balonmán, a todos os equipos das distintas categorías que integran este excepcional clube e por suposto a súa afición.

 

compartir

axenda