NovasIr a esta sección

Posta en valor da Fonte DOS DOUS CAÑOS
Data de publicación: 04 de xuño de 2021

O Alcalde anuncia a recuperación deste espazo histórico.

Unha subvención de 5.950,64 € da Deputación permitirá limpar e iluminar esta emblemática fonte, antigamente parada de postas para as dilixencias e carruaxes que facían a ruta Vigo - Villacastín (Segovia)

 

  • A FONTE DOS DOUS CAÑOS ERA UNHA ANTIGA PARADA DE POSTAS PARA AS CARRUAXES, CONSTRUIDA NO ANO 1877, 14 ANOS DESPOIS DE QUE SE TRAZARA E CONSTRUIRA A ESTRADA VILLACASTIN – VIGO, HOXE N-120.

 

  • ESTE EMBLEMÁTICO ESPAZO É UNHA DAS MÁIS ANTIGAS XOIAS DO PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO DO CASCO URBANO, MANDADO CONSTRUIR POLO ALCALDE  FRANCISCO VIDAL Y OLIVARES.

 

  • CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO 200 ANIVERSARIO DE CONSTITUCIÓN DO CONCELLO, DENDE A ALCALDÍA QUERE VISIBILIZARSE ESTA ZONA DE PASO QUE FOI A PIONEIRA EN DAR A BENVIDA Á CAÑIZA AOS VISITANTES QUE FACÍAN A RUTA ATA SEGOVIA.

 

  • HOXE PODEMOS CONSIDERALA COMO A PRIMEIRA AREA DE SERVIZO DA CAÑIZA, CON 144 ANOS DE HISTORIA.

 

O Alcalde Luis Piña manifestou hoxe que en breve se iniciarán as obras de recuperación e emponderación deste espazo histórico que conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra de 5.950,64 euros para recuperación e posta en valor do seu entorno ao abeiro das bases reguladoras de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos Concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2020.

Este acondicionamento, cun investimento total de 6.988,87 € é unha aposta pola recuperación do noso Patrimonio Histórico Cultural e ten por obxectivo evitar a perda definitiva da identidade deste espazo que xa levou varias modificacións e retirada dos elementos orixinais como os abrevaderos para beber os cabalos das carruaxes.

 

 

UNHAS PINCELADAS DE HISTORIA.

A historia desta fonte está fortemente ligada á historia da  vila e ao nacemento da parroquia da Cañiza como tal, a máis recente de todas as que constituen o noso Municipio e que conseguiu a súa autonomía parroquial ante o Ordinario Eclesiástico de Tui nun xuízo contencioso que gañaron en sentencia do 25 de febreiro de 1815. No ano 1820 constituiuse o Concello da Cañiza como tal.

En España e tras o falecemento do Rei Fernando VII, a súa viúva a rexente Mª Cristina de Borbón ordena o 30 de marzo de 1833 que se realice o ensanche e afirmado do antigo camiño de Vigo a Benavente que se atopaba en tan mal estado que as dilixencias tiñan que subir ata Santiago para chegar a Ourense.

Máis tarde, entre os anos 1860 a 1863, sendo Deputado por Vigo José Elduayen Gorriti, Enxeñeiro de Camiños canáis e Portos, terminou de construirse esta estrada hacia Ourense:  Vigo Villacastín que conectaba o Porto coa Meseta (Segovia). O tránsito empezou a ser tan intenso que A Cañiza comezou a edificarse na líña que marcaba a estrada. Aquí comezou o seu progreso.  Como curiosidade todas as rúas das vilas e cidades polas que atravesaba esta estrada cambiaron o seu nome por “rúa do Progreso”. Na Cañiza tamén aconteceu o mesmo modificando o nome da antiga rúa Principal por rúa Progreso.

 

 

RECUPERACIÓN DO ENTORNO

As obras de recuperación deste espazo patrimonial pretenden mellorar o seu entorno facéndoo máis atractivo e proporcionándolle un marco á altura da fonte, para o que será necesario facer unha exhaustiva limpeza dos muros que a rodean e do chan, retirando a maleza que crece na parte superior.

Para visibilizar o lugar tamén se instalarán uns proxectores que resaltarán a beleza da fonte de noite e para mellorar a accesibilidade de mesma realizarase un rebaixe no encontro do pavimento da beirarrúa e do pavimento da Praza.

compartir

axenda