NovasIr a esta sección

PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO 2021
Data de publicación: 19 de xullo de 2021

O Concello da Cañiza informa da apertura do prazo para participar no programa de turismo do Imserso 2021-2022 dirixido ás persoas maiores.

convocatoria de prazas : aberto ata o 31 de xullo de 2021

Se estás interesad@ non perdas tempo e anótate.

Tras un ano complicado e difícil no que a pandemia obrigou a suspender o Programa de Turismo do  Imserso e considerando a mellora da situación -debido ás medidas de control adoptadas e á efectividade da vacinación-, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España,  está en condicións de renovar as viaxes que conten con todas as medidas necesarias e avalen estancias estables e tranquilas e ademáis que prevexan calquera tipo de eventualidade.

Coa publicación o 30/06/2021 no Boletín Oficial do Estado da Resolución do 17 de xuño de 2021, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais.

 

Enlace para acceder ao formulario, informacion sobre prezos, estancias e outras informacións de interese

 

CONVÓCANSE 816.029 PRAZAS PARA PERSOAS MAIORES QUE DESEXEN PARTICIPAR NO PROGRAMA DE TURISMO, CUNHA PREVISIÓN DE QUE AS QUENDAS DE VACACIÓNS COMECEN NO PRÓXIMO MES DE OUTUBRO.

 

Por iso,  ata o venres 30 de xullo de 2021 permanecerá aberto un único período de presentación de novas solicitudes de participación neste Programa para a tempada 2021-2022.

 

Para o enchemento e presentación destas novas solicitudes disponse dos seguintes medios:

 

•             Pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, se recomenda a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da Sede electrónica do  Imserso.

 

•             Descargando da páxina web do  Imserso ou na sede electrónica do  Imserso o modelo de solicitude de participación no Programa de Turismo para a tempada 2021-2022.

 

 •            Nos servizos Sociais Comunitarios do Concello da Cañiza tamén lles axudarán a cubrir o formulario ou a resolver as dúbidas que teñan a este respecto.

 

Unha vez cumprimentada a solicitude, cada interesado deberá remitilo por algún dos seguintes medios:

  • A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 7 da Orde  SCB/926/2018, do 10 de setembro , pola que se regula o Programa de Turismo do  Imserso.
  • En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Turismo do  Imserso, apartado de correos 10.140 28080 Madrid.

 

Dende o Instituto tamén lembran que continúa aberta a renovación de datos para a participación na tempada 2021-2022 daquelas persoas xa acreditadas no Programa de Turismo; se estes datos non son correctos ou cambiaron, a modificación dos mesmos poderase realizar directamente pola persoa interesada a través dos servizos electrónicos que presta a Sede electrónica do  Imserso , empregando para iso o número de referencia que aparece na carta de renovación, que proximamente recibirán nos seus domicilios, ou a través de Cl@ve.

 

Lembrámoslle que dispón de máis información sobre este programa de Turismo, tanto na páxina web do  Imserso, na Sede electrónica do Instituto ou tamén nos servizos sociais comunitarios do Concello sito na Pranta baixa do edificio da rúa Oriente da Cañiza.

 

compartir

axenda