NovasIr a esta sección

Presentación na Deputación do Plan Estratéxico de Turismo
Data de publicación: 13 de maio de 2021

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presenta o Plan Estratéxico Provincial de Turismo 2021-2023

 
A Cañiza a 13 de maio de 2021. Hoxe asistimos na Deputación Provincial á presentación do Plan estratéxico de turismo 2021-2023, para o sector turístico, que ten como meta a consolidación de #RíasBaixas-#PontevedraProvincia como territorio turístico intelixente.
 
Este plan será de grande importancia para o noso territorio porque inclúe un orzamento aproximado de 16 millóns de euros para os vindeiros tres anos, que coa incorporación de fondos europeos permitiría mobilizar ata un máximo de 20 millóns repartidos en case medio centenar de accións dirixidas ao turismo.
 
A dixitalización, a innovación, a sustentabilidade e a creación de riqueza no territorio para axudar á poboación local son algúns dos eixes que guiarán a estratexia de Turismo Rías Baixas a medio prazo.
 
O Plan elaborouse cunha metodoloxía participativa de 12 mesas temáticas e con entrevistas persoais a máis de 100 persoas expertas do ámbito provincial, nacional e internacional.
 
 

 

compartir

axenda