NovasIr a esta sección

Presentación da III Edición da BTT XCO - Concello da Cañiza 2021
Data de publicación: 21 de abril de 2021

A Cañiza acolle este sábado 24 de abril esta proba deportiva organizada polo Clube Ciclista "Grupeta Pan de Zarko" en colaboración co Concello da Cañiza.

Hoxe o Alcalde Luis Piña e o Presidente do Clube Tito Ramírez presentaron esta III Edición

 

O Alcalde da Cañiza Luis Piña  e o Presidente do Clube Ciclista “Grupeta Pan de Zarko”  Tito Ramírez, acompañados  de Verónica Romero, integrante da Directiva do Clube e  Paula Bacelar,  Concelleira do Grupo de Goberno, presentaron  esta mañá a III edición deste evento deportivo que se celebrará o sábado 24 de abril a partires das 16:00 no campo de fútbol de Augas Férreas e que é puntuable para a Copa Galicia BTT XCO .

Os organizadores da proba corfirmaron a día de hoxe a inscrición de 300 participantes,  entre eles Ivan Feijóo, campeón de España sub 23, na  modalidade de ciclocrós e Lara Lois, biker grovense con catro títulos de nivel, un estatal y outros tres autonómicos.

Nesta III BTT XCO – Concello da Cañiza se disputarán todas as categorías masculino e feminino de cadete, Junior, sub-23, élite e máster 30-40-50-60.

O evento conta coa cooperación e a axuda de Protección Civil Ponteareas, a Garda Civil da Cañiza e Policía Local e durante toda a xornada deportiva respetaranse as medidas  de prevención COVID-19.

Ademáis conta coa colaboración das Comunidades de Montes de Petán, Achas e A Cañiza e as aportacións da entidade bancaria ABANCA e das empresas da Cañiza SAEPLAST, Reciclaje de Plásticos A Cañiza, Galimetal SA y Sistemas de Carpintería para la Arquitectura, EFP BIOTEK, Transportes González e  Queixos Castro Xaneiro.  A todos eles o Alcalde agradece a súa desinteresada colaboración.

 

O CONCELLO DA CAÑIZA APOIA O DEPORTE

O pasado 9 de marzo o Alcalde e a Directiva do Clube ciclista presentaron o equipo deportivo que estableceu a súa sede na Cañiza. Destacar que o vindeiro mes de maio cumprirá 5 anos e xa conta no seu palmarés con importantes premios autonómicos e nacionais de BTT.

Segundo manifestaron Alcalde e Presidente nesa presentación, Concello e Clube uníronse co obxectivo común de levar, a través do ciclismo o nome da Cañiza por todas as estradas e lugares da xeografía galega.

 

 

compartir

axenda