NovasIr a esta sección

Parada de Taxis da Cañiza
Data de publicación: 02 de xullo de 2021

A parada de Taxis da Cañiza reunifícase e amplíase para dar espazo a todas as licenzas do término municipal, desaparecendo as paradas parroquiais.

 

  • SEGUNDO MANIFESTOU O ALCALDE LUIS PIÑA, ESTA DECISIÓN ADOPTOUSE POR UNANIMIDADE NO ENCONTRO CELEBRADO ONTE NO CONCELLO.

 

  • O ALCALDE EXPRESOU A SÚA SATISFACCIÓN POLO CONSENSO CO QUE SE ABORDOU O TEMA DESPOIS DAS 3 REUNIÓNS MANTIDAS CO COLECTIVO.

 

  • NA REUNIÓN DE ONTE TAMÉN ESTIVO PRESENTE O XERENTE DA PLATAFORMA  DBARRIO, UNHA WEB DE VENTA ONLINE QUE TEN POR OBXECTIVO ACHEGAR AS VENTAS DO PEQUEÑO COMERCIO LOCAL AOS DOMICILIOS.

 

  • NESTA REUNIÓN O XERENTE EXPUSO A POSIBILIDADE DE QUE AS COMPRAS QUE SE FAGAN ONLINE NOS LOCAIS DA CAÑIZA SEXAN REPARTIDAS POLOS TAXISTAS.

Despois das tres reunións que nas últimas semanas se mantiveron cos taxistas da Cañiza e atendendo á actual normativa da Lei de Transportes, quedan unificadas todas as licenzas de taxis nunha única zona que é a do Término Municipal.

 

Co beneplácito dos 12 taxistas da Cañiza unificaranse na actual ubicación na rúa Vilanova. O Alcalde xa deu instruccións para que se distribuian as 12 prazas, se amplíen un pouco as existentes para que sexan máis cómodas e se instale un sinal vertical de parada de taxis.

 

O máis relevante da reunión mantida onte na Casa Consistorial é que esta medida conta co beneplácito de todo o colectivo.

 

Na reunión de onte tamén estivo presente o xerente da plataforma online DBarrio, unha web de compra online e a domicilio nas tendas e bares e restaurantes locais que ten por obxectivo modernizar o pequeno comercio proporcionándolle a súa propia web de venta online a baixo coste.  

 

O xerente explicou aos taxistas a dinámica da web e a posibilidade de que poidan actuar como repartidores  para o que terán que chegar a un acordo entre eles para consensuar os costes do reparto. Onte mantiveron un primeiro encontro que será madurado en futuras reunións.

 

Nos vindeiros días, o Alcalde reunirase tamén cos comerciantes e hosteleiros para presentarlle este proxecto que pode modernizar,  revitalizar e impulsar a economía local.

compartir

axenda