NovasIr a esta sección

Ordenanza das Feiras Tradicionais e Nova Feira da Cañiza
Data de publicación: 26 de maio de 2021

No Pleno deste xoves 27 de maio aprobarase inicialmente a ordenanza municipal reguladora da venda ambulante no Concello da Cañiza.

A aprobación desta ordenanza responde ao compromiso adquirido polo Goberno Municipal coa Comisión de Vendedores das Feiras da Cañiza de manter as antigas e de crear unha feira nova.

 

  • O PASADO 28 DE AGOSTO ASINOUSE UN ACORDO HISTÓRICO ENTRE O ALCALDE LUIS PIÑA E OS REPRESENTANTES  DOS FEIRANTES PARA O MANTEMENTO DA FEIRA ANTIGUA DO 6 E DO 20 E A CREACIÓN DUNHA NOVA FEIRA QUE SE CELEBRARÁ O ANTEPENÚLTIMO E O ÚLTIMO DOMINGO DE CADA MES.

 

  • A NOVA FEIRA É UNHA APOSTA ECONÓMICA QUE XURDE CO  FIN DE CREAR UN NOVO ESPAZO COMERCIAL E DAR UN NOVO SERVIZO DE FIN DE SEMANA AOS VECIÑOS E VISITANTES PARA IMPULSAR, FORTALECER E FIDELIZAR A ECONOMÍA LOCAL.

 

 

No Pleno de mañá aprobarase inicialmente a Ordenanza que regulará o exercicio da venda ambulante no termo municipal de A Cañiza, establecendo a Feira Tradicional da Cañiza que seguirá celebrándose todos os días 6 e 20 de cada mes (coa particularidade de que cando cadre en festivo manterase a súa celebración) e a Nova Feira da Cañiza que se celebrará todos os últimos e antepenúltimos domingos de cada mes. Tamén regulará as Romaxes anuais das Pascuillas e da Natividade da Virxe da Franqueira.

 

Os recintos de venda ambulante serán as rúas Regueiro, Vilanova, Oriente, Carme, Antonio Facorro, Rosalía de Castro, Travesía do Mercado e Prazas de Arbo e Maior. As romaxes das Pascuillas e da Natividade desenvolveranse na Franqueira. O horario establecido para a venda ambulante será dende as 8:00h ata as 15:00h, no que se procederá á súa retirada.

 

Esta nova Ordenanza que derogará a anterior, é fruto do compromiso acadado o pasado 28 de agosto de 2020 entre o Alcalde e a Comisión de Vendedores da Feira da Cañiza, que nese día asinaron un documento calificado polo rexedor de “Histórico” polo que se acordaba manter as Feiras dos días 6 e 20 de cada mes e incorporar e crear unha NOVA FEIRA que se celebrará o antepenúltimo e o último domingo de cada mes.

 

Segundo manifestaron daquela, “a continuidade da celebración das Feiras Tradicionais ten por finalidade garantir a nosa memoria histórica e os nosos usos e costumes que nos remonta a séculos pasados, no referente á celebración das feiras e mercados”.

 

“A “Nova Feira” xurde coa finalidade de crear na Cañiza un novo  espazo comercial  e dar un servizo de fin de semana aos veciños e visitantes co obxectivo de crear un maior fluxo de xente e dinamismo no Pobo que impulse, fortalezca e fidelice o mercado local. Así aseguramos que alomenos dous domingos ao mes se celebre Mercado na localidade”. Celebrarase o penúltimo domingo de cada mes. Se o mes ten 4 domingos, celebrarase o segundo domingo e se o mes ten 5 domingos celebrarase o terceiro domingo. Celebrarase tamén o  último domingo de cada mes.

compartir

axenda