NovasIr a esta sección

Nova campaña de Doazón de Sangue. O 28 de abril a partires das 10h fronte ao Edificio Gran Sol
Data de publicación: 20 de abril de 2021

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Nos seguintes enlaces encontrarás información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a túa colaboración é fundamental.

 Amplía esta información no enlace:  ados.sergas.gal.

 

 

compartir

axenda