NovasIr a esta sección

Modificación da ordenanza da Escola Infantil Municipal (0-3)
Data de publicación: 27 de maio de 2021

O Pleno aprobará na sesión de hoxe a modificación da Ordenanza Fiscal da Escola Infantil, equiparando os prezos aos da Galiña Azul da Xunta.

Esta modificación permitirá que os segundos fillos e sucesivos, usuarios da escola, poidan acollerse a gratuidade da praza cunha bonificación do 100% con retroactividade.

Hoxe o Pleno Ordinario da Cañiza levará na súa orde do día, entre outros asuntos, a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Prezo Público polo Servizo da Escola Infantil Municipal de 0 a 3 anos, publicada no BOPDEPO 127 do 3 de xullo de 2012.

 

Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña, esta modificación  equiparará os prezos da Escola da Cañiza  aos prezos das escolas infantís da rede autonómica da Galiña Azul. As  tarifas se aplicarán en función dos ingresos per capitat da unidade familiar, e dicir, os ingresos da unidade divididos entre o número de membros.

 

A nova ordenanza permitirá ademáis adaptarse á normativa autonómica de axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís (0-3 anos). A ordenanza municipal actual non contempla o desconto na atención educativa de segundos fillos/as polo que é preciso actualizar a norma.

 

Ademáis esta medida ten carácter retroactiva polo que as familias usuarias poderán recuperar o abonado por este concepto.

compartir

axenda