NovasIr a esta sección

Mellora do camiño municipal das ADEGAS en Valeixe
Data de publicación: 08 de xuño de 2021

O Concello consigue unha subvención de 50.161,57 € para executar  as obras de mellora da pista de acceso as Adegas en Valeixe, outorgada pola Dirección Xeral do Territorio da Consellería de Medio Ambiente.

 

·        ESTA ACTUACIÓN, CUN INVESTIMENTO DE 71.659,39€ ESTÁ FINANCIADA AO 100%. A SUBVENCIÓN DE MEDIO AMBIENTE CUBRIRÁ O 70% DOS COSTES E O PLAN CONCELLOS 2021 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA O 30% RESTANTE.

 

·        SOAMENTE 6 DOS 62 CONCELLOS DA PROVINCIA CONSEGUIRON SER BENEFICIARIOS DA AXUDA DA XUNTA BIANUAL QUE ESTÁ DESTINADA Á CREACIÓN E MELLORA DE INFRAESTRUTURAS NOS CONCELLOS DE GALICIA CON POBOACIÓN INFERIOR A 20.000 HABITANTES.

 

·        ESTA ACTUACIÓN CONTEMPLA A MELLORA INTEGRAL DA PISTA MUNICIPAL DAS ADEGAS COA PAVIMENTACIÓN DE TODA A CALZADA ADEMÁIS DA RENOVACIÓN DAS REDES DE SERVIZO DE RECOLLIDA DE AUGAS FECÁIS E PLUVIAIS, ABASTECEMENTO E CANALIZACIÓNS PARA O SOTERRAMENTO DAS REDES DE ENERXÍA ELÉCTRICA E TELECOMUNICACIÓNS E CONSTRUCCIÓN DUNHA NOVA REDE DE ALUMEADO PÚBLICO.

 

·        SEGUNDO MANIFESTOU O ALCALDE “DENDE O GOBERNO LOCAL ESTAMOS COMPROMETIDOS EN TRABALLAR POR O NOSO RURAL, DOTÁNDOO DE NOVOS E MELLORES SERVIZOS PARA ACADAR UNHA MAIOR CALIDADE DE VIDA PARA OS NOSOS VECIÑOS. CONTINUAREMOS BUSCANDO NOVAS FÓRMULAS DE FINANCIACIÓN PARA TRASLADAR ESTE MODELO DE ACTUACIÓN AOS LUGARES DO NOSO TERRITORIO MÁIS VULNERABLES”

 

O Alcalde Luis Piña anunciou esta mañá que o Concello xa conseguiu toda a financiación para acometer as obras de mellora da pista municipal das Adegas, na parroquia de Valeixe que dende hai varios anos atópase nun estado moi precario, sendo de urxente necesidade a rehabilitación integral do pavimento, así como a realización dunha rede de drenaxe para a recollida das augas pluviais.

Aproveitando a subvención proxectarase ademáis a ampliación da curva existente nesta zona, na medida na que o ancho total existente o permita. Dotarase a este barrio de rede de saneamento  de augas fecáis que se porá en servizo nun futuro cando augas abaixo se vaia completando a rede de saneamento municipal e exista un punto de conexión no límite do ámbito deste proxecto. Deixaranse previstas as acometidas ás vivendas que se realizarán con tubaxe de PVC liso.

Tamén se proxectará unha Rede de saneamento de pluviais con sumidoiros cuxas augas quedarán recollidas nun novo colector que irá situado baixo o vial e será de PVC liso, de diámetro 315 mm. As conexións coas baixantes das edificacións e cos sumidoiros ou imbornales faranse efectivas mediante tubos de PVC liso de 250 mm de diámetro.

Contémplase tamén a reforma da iluminación e a instalación de redes de telecomunicacións.

 

compartir

axenda