NovasIr a esta sección

Mellora dos camiños da contorna de Paradela e Mourelos en Valeixe
Data de publicación: 13 de xullo de 2021

Cunha subvención do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra de 34.985,65€

As actuacións contemplan o acondicionamento do acceso á zona dos Muiños de Paradela dende a pista do Gurgullón, unha drenaxe na pista do camiño entre a Ascensión e a Miranda e a pavimentación dun camiño en Mourelos

 

 

  • Como xa pasara coas obras de mellora de 5 camiños en Luneda, Parada e Franqueira financiados tamén polo Plan Concellos 2019, cuxa construcción estaba planificada sobre unha base inviable, a actuación dos camiños de Valeixe tamén tivo que ser modificada e contratada de novo por ser imposible a súa execución.

 

  • Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña trátase dun expediente inciado en 2019, adxudicado o 18.03.2019, tamén con irregularidades na súa tramitación, que non se podía executar porque as actuacións descritas non eran posibles.  Entre elas asfaltar o camiño entre as capelas sobre terra directamente, sen rechear primeiro con pedra (macadam asfáltico) e eliminar unha das capas das tres de triple rego, para abaratar costes.

 

  • Na primeira visita do Alcalde ao terreo, a propia empresa adxudicataria e os técnicos informaron que a execución tal e como se recollía no proxecto inicial era imposible,  polo que o Concello tivo que ordenar rectificar o proxecto. Incluso houbo que anular o contrato inicial coa empresa, por mútuo acordo, para redefinir as actuacións.

 

  • Tiveron que tramitarse dous modificados no expediente ata conseguir as autorizacións necesarias e a viabilidade da obra. Aproveitando estas rectificacións, o Alcalde intentou incluir unha actuación de pavimentación integrada da chaira diante da Capela da Ascensión pero Patrimonio da Xunta de Galicia non autorizou a obra.

 

  • Finalmente, en novembro de 2020 a empresa redactora presenta o novo proxecto  que se adxudica con data 03.03.2021 á empresa Construcciones Rafer s.l.

 

 

UN PROXECTO INICIAL IMPOSIBLE

O proxecto inicial do ano 2019  incluía o asfaltado do camiño de acceso á Paradela e o asfaltado dende a Capela do Cristo da Miranda á Capela da Ascensión. Todo por un importe de 34.985,65 €.

 

Sin embargo e segundo manifesta o Alcalde Luis Piña, cando chega á Alcaldía en xuño de 2019 e nunha primeira visita ata estas localizacións, acompañado polos técnicos e a empresa Taboada e Ramos, púdose comprobar  que as actuacións recollidas no proxecto non eran posibles, xa que na actuación de asfaltado do vial entre as duas capelas pretendíase asfaltar con dúas capas en vez de tres de rego e este asfaltado sobre terra, sin rechear previamente con pedra. Esto mesmo sucedeu coas obras de mellora dos camiños de Parada, Franqueira e Luneda.

 

A imposibilidade das actuacións era tal que foi necesario modificar o proxecto que finalmente se redacta en novembro de 2020 e se adxudica a empresa Construcciones Rafer S.L. o 03 de marzo de 2021.

 

AS OBRAS COMEZARON A SEMANA PASADA

As obras xa a piques de rematar, consisten na reparación do acceso á zona dos muiños, coñecida como “Camiño dos Muiños” e a pavimentación de varias zonas dun ramal que parte deste camiño nun tramo de 450m.l..  Para executar esta parte do proxecto o Concello agardou a que un particular construira un muro de contención privado que ademáis permitiu o ensanche do vial. A maiores nun tramo da pista o Concello construiu un muro de contención para o vial.

 

Tamén se está mellorando a pista entre as capelas da Ascención e a Miranda, executando unha drenaxe nun punto no que existe auga por baixo do firme. Se está construindo unha drenaxe en forma de espiña de peixe, con grava e  geotextil, de forma que se elimine a auga existente mediante tubos ranurados de PVC. A auga captada pola drenaxe conducirase ata o cruzamento da contorna da Ascensión, mediante unha tubaxe de  polietileno de alta densidade  nun tramo de 280,00 metros.

 

Por último se está executando o formigonado dun tramo dun camiño en Mourelos de 236 m2 que conduce ao lavadoiro e á poza de rega. Nesta actuación instalaranse canalizacións de drenaxe e tubaxe e se construirán arquetas e guillotinas para alternar o paso da auga.

 

 

 

 

 

compartir

axenda