NovasIr a esta sección

A DGT informa sobre as actualizacións na obtención, renovación e duplicado dos permisos de conducir
Data de publicación: 15 de marzo de 2021

O Concello da Cañiza colabora dende as súas redes sociais na campaña municipal desenvolvida polo Servizo de Comunicación de Educación Vial. 

Nesta ocasión para informar sobre as novidades e actualizacións introducidas pola Dirección General de Tráfico do Ministerio de Interior co obxecto de cumprir coas medidas  de seguridade a raíz da crise sanitaria producida pola COVID-19.

A Dirección General de Tráfico  é o organismo encargado da emisión de permisos de conducir en España.  O seu obxectivo é garantir que os condutores posúen a aptitude necesaria para manexar os vehículos co menor risco posible. Para iso se realizan exames para evaluar os coñecementos e as habilidades para obter os diferentes permisos e licencias.

Para obter un novo permiso, debes solicitar realizar as probas.

Aínda que o habitual é que te prepares para o exame nunha autoescola tamén podes presentar a túa solicitude por libre.

En caso de realizar as probas por conta propia, debes solicitar o exame a través do seguinte enlace: https://sede.dgt.gob.es/es/permisos-de-conducir/obtencion-renovacion-duplicados-permiso/permiso-conducir/

Aquí podes consultar test que te servirán para preparar a proba teórica. https://www.onroad.to/teorico/test-dgt-gratis

Os candidatos a realizar os exames, deben obter unha formación previa. Neste enlace https://sede.dgt.gob.es/es/permisos-de-conducir/examenes-y-pruebas/index.shtml poderás encontran todo o material oficial actualizado e a axuda que precises para cumprir os teus obxetivos.

Nada máis aprobar terás un permiso de conducir provisional, co que poderás conducir mentres chega ao teu domicilio o permiso definitivo. Para iso é importante ter sempre actualizado o teu domicilio en Tráfico. Pódelo verificar e cambiar ti mesmo por internet. https://sede.dgt.gob.es/es/permisos-de-conducir/cambio-de-direccion-para-notificaciones/index.shtml

A DGT informa tamén da mellora das súas medidas de seguridade sanitaria nos exames teóricos e prácticos.

compartir

axenda