NovasIr a esta sección

A Conselleira de Infraestruturas recibe ao Alcalde en San Caetano
Data de publicación: 21 de maio de 2021

Nesta reunión de traballo Luis Piña solicitou a Ethel Vázquez a axuda da Xunta para a execución da obra do novo vial de conexión entre a A-52 e o Polígono Industrial na zona das Tapadas.

 

  • A execución deste novo vial xunto coa problemática derivada dos sistemas de captación de auga para abastecemento e o Plan de Transporte Metropolitano foron os tres temas máis relevantes que se abordaron na reunión  deste 20 de maio.

 

  • O Alcalde agradeceu á Conselleira por telo recibido e pola atención e interese amosado durante toda a reunión  polos problemas da Cañiza.

 

O Alcalde da Cañiza reuniuse en Santiago, na tarde de onte, coa Conselleira de  Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia para volver a tratar o tema de execución da circunvalación entre a Estrada Provincial Cañiza-Crecente EP5005 e a Estrada Autonómica PO406 Cañiza- Filguera, que ademáis conectará e axilizará as comunicación entre a A-52 e o polígono industrial.

 

NOVO VIAL DE CONEXIÓN ENTRE A A52 E O POLÍGONO

 

A necesidade deste Vial xa se abordara coa conselleira na reunión do pasado 4 de febreiro de 2020, na que o Alcalde insistiu en que a execución desta obra é de máxima importancia para a vila porque permitirá tamén desconxestionar e eliminar o tráfico pesado dos viais do centro urbano.

 

Precisamente a Xunta tivo en estudo este vial durante anos sin que se lograra sacar adiante porque o plantexamento inicial partía do outro lado da Autovía, cun desenvolvemento máis dificultoso,  cuns costes de execución moi elevados ademáis de precisar de máis autorizacións sectoriais.

 

Na Xuntanza de onte, o Alcalde rompe con esta iniciativa e lle presenta á Conselleira unha alternativa máis axeitada que abaratará os costes da obra. Ademáis este trazado é unha continuidade natural do vial que baixa dende o Cuartel da Garda Civil ata a PO406 Cañiza- Filguera e logo discurre polos terreos das Tapadas ata conectar  na zona do Centro Comarcal da Paradanta coa estrada do Vieiro.

 

Luis Piña lle comentou á Conselleira que o Concello xa ten contratado o asesoramento urbanístico e o proxecto de execución, e pide á Consellería a axuda económica para poder construir este novo vial, sendo conscientes de que a obra tardará varios anos en rematarse.

 

A Conselleira recoñece ante o Alcalde que este trazado é moito máis viable que o que se tiña baraxado ata o de agora pola Consellería e o Alcalde lle trasladou que Infraestruturas debe implicarse no investimento da obra e asumir as costes da obra, entre outros motivos porque é prioritario dar unha axeitada conexión á N-120, A-52 e o polígono industrial (Ribadil I, Ribadil II e Parque Empresarial de Uceira)

 

Para finalizar este primeiro tema o Alcalde comprometeuse a que en canto esté rematado o proxecto de execución, o enviará á consellería para o seu estudo.

 

ABASTECEMENTO DE AUGA DE CONSUMO

 

Na axenda do día tamén se tratou outro dos temas importantes para A Cañiza. A problemática da auga potable de consumo humano que abastece ao centro urbano. Desde esta Alcaldía están a xestionarse todas as actuacións que posibilitarán a correcta xestión da auga, desde os nacentes e captacións ata a correcta distribución da rede de abastecemento.

 

A este respecto tratouse sobre o Convenio existente entre o  Concello e Infraestruturas polo cal se construiría unha nova  ETAP (estación de tratamento de auga potable) para a mellora do sistema de abastecemento do centro urbano.

 

Sin embargo e segundo manifestou o Alcalde, dende o punto de vista económico este Convenio non é viable para A Cañiza e dende o punto de vista técnico tampouco. O orzamento de licitación máis Ive ascende a 1.900.000€ dos cales a Xunta achegará unicamente 600.000€ para a redacción e adxudicación da obra, tendendo o Concello que asumir 1.300.000€, que considerando o crítico momento polo que están atravesando as arcas do Concello é totalmente inviable.  Con todo o Concello xa ten en estudo outras alternativas.

 

TRANSPORTE PÚBLICO

 

Nesta reunión tamén se abordou o tema de transporte público e a posibilidade de poder combinar na localidade o transporte escolar co transporte de viaxeiros.

 

compartir

axenda